REVISTA MAIO

Este é un evento repetitivo

Soñar al borde del precipicio

26mai20:00Soñar al borde del precipicioESPÉCTACULOS| 10,00€20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Foi non fai moito que me sorprendeu unha pintada nunha parede que dicía: a solución é amar, aínda que eu lía a solución é durmir [por culpa da miña miopía]. Desde entón non parei de reflexionar sobre a importancia de soñar xusto cando o mundo vaise á merda; de feito, esta idea non se me vai da cabeza.
En soños, estou dentro dunha guerra, real ou de videoxogo, non se como distinguir únoo do outro. Corro desesperado por entre os edificios en ruínas xunto a outros soldados, mentres escoito o incesante ruído das explosións. Alcanzo un escampado, agora estou a tiro de dron, a tiro de mísil ou deus sabe que tipo de tiro. Tómbome boca abaixo, afúndome no barro e dúrmome. Soñar dentro do soño é a única saída. Apresúrome a soñar canto antes, consigo abrir a porta que dá a outros soños, pero non logro pasar, son demasiado ancho, o meu corpo engordou. Espértome. Pregúntome: Que soñarán os nenos gazadíes cando son bombardeados?
E de súpeto, unha luz: o problema segue sendo a propiedade. Hai 120.000 anos que aprendemos a ser propietarios doutros seres. Bastou con aprender a cazar. Desde entón, o camiño non foi outro que unha conquista incesante de todo. A cuestión é, agora, que o Todo se acaba, que o Todo se acaba. Non hai máis que unha extensa planicie de implacable deserto ao noso ao redor. Miles de millóns de persoas sufrindo de soidade e desexando soñar, desexando soñar para escapar do abismo. E ti? Cales son os teus soños?

Venres, sábado e domingo ás 20:00

Entradas

Máis

Hora

26 maio, 2024 20:00(GMT+02:00)