VIALIA
bannerPicnicSesions

'Pittore' de Lluís Lleó

21abr(abr 21)11:0024set(set 24)21:00'Pittore' de Lluís LleóARTE E MUSEOS | De balde11:00 - (setembro 24) 21:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Pittore é o nome da exposición do catalán Lluís Lleó, inaugurada o pasado venres 21 no MARCO. A mostra é unha panorámica da produción recente do artista barcelonés, e se trata da primeira nun museo español tras o seu regreso de Nova York, onde residiu durante varias décadas. Pode visitarse na planta baixa do museo vigués ata o 24 de setembro.

Unha gran obra circular nos recibe nada máis entrar ao museo MARCO. Trátase de The Perfect Year , unha sorte de dietario íntimo do artista formado por 365 bloques nos que o autor foi anotando paisaxes, datas, presenzas e, sobre todo, ausencias. Un círculo espazo-temporal que realizou en 2008 tras a morte do seu pai, o tamén pintor Joan Lleó. Esta e outras moitas obras que fluctúan entre a pintura, a escultura e a arquitectura forman Pittore, a exposición que recolle os últimos traballos do barcelonés Lluís Lleó.

A partir deste centro, o universo de Lleó esténdese polas galerías e patios do MARCO a través de pinturas sobre liño ou papel e esculturas en madeira e pedra cubertas por fresco, óleo, acrílico, acuarela, tinta ou grafito, pezas que dialogan entre si e transforman a experiencia do espazo nunha montaxe que é unha intervención. Todo un despregamento de técnicas que exhiben a mestría dun pintor afecto ao oficio e que teñen o seu principio no debuxo, a idea anotada no caderno, que logo toma corpo nos máis variados soportes.

A obra de Lleó reflexionou con frecuencia sobre o traballo e os conceptos teóricos e espaciais da arquitectura (caso da súa serie sobre Álvaro Siza), a partir de cuestións como a escala, as formas, os materiais, a xeometría e a emoción. E une, dun modo natural, o compromiso contemporáneo co estudio e coñecemento das técnicas clásicas. Esta exposición, a primeira nun museo español tras o seu regreso de Nova York, onde residiu durante varias décadas, mostra a obra dos últimos anos –pinturas e debuxos sobre distintos soportes, grandes papeis flotando nos patios, esculturas e estruturas circulares que dialogan coas salas da planta baixa–, xunto a unha selección de traballos anteriores considerados referenciais.

Outra das pezas que máis chama a atención, por concepto e dimensións, é Fe. Unha escultura de madeira de máis de cinco metros de altitude cunha cruz negra pintada sobre papel Nepal ocupa unha das salas da planta baixa do museo vigués.

Horarios apertura

Martes a sábados (festivos incluídos) de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00.
Domingos de 11:00 a 14:30

Información e visitas guiadas

O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais: todos os días ás 18.00 / Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita nos teléfonos 986 113900 e 986 113908.

Máis

Hora

Abril 21 (Venres) 11:00 - Setembro 24 (Domingo) 21:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events