VIALIA
PLAYDOC

Actividades astronómicas en Vigozoo

26xuñ22:00Actividades astronómicas en VigozooACTIVIDADES PARA O COCO | De balde22:00(GMT+02:00) VigoZoo

Detalles do eventos

O mundo da astronomía será o protagonista das fins de semana deste verán en VigoZoo, que celebra os seus primeiros 50 anos de vida con tres diferentes actividades.

Sábados astronómicos
Desenvólvense o sábado 26 de xuño, todos os sábados do mes de xullo e todos os de agosto, excepto o último. As persoas participantes, en grupos de 25, poderán aprender con actividades de astronomía e observación de estrelas entre as 22:00 horas da noite e ata as 00:00 horas da madrugada. A filosofía Startlight, a traxectoria dos astros, nocións de uso do telescopio e os prismáticos para observación dalgunha galaxia, localización con punteiro láser das constelacións, nocións de mitoloxía…

Noite das Perseidas
Celébrase o 12 agosto dende as 22:00 horas e ata a medianoite. A previsión do goberno municipal é que poidan asistir 75 persoas, en función das restricións Covid vixentes nese momento, para observar as Perseidas, aprender a localizar as constelacións, con xogos astronómicos para os máis pequenos…

Astronomía en VigoZoo
Proposta pensada para as familias que terá lugar os domingos: o 27 xuño, todos os de xullo e os tres primeiros de agosto, en horario de mañá e tarde (con catro sesións ás 11 e 13 horas e ás 16 e 18 horas da tarde), en grupos de 10-12 persoas. Serán actividades baseadas na simulación mediante a proxección do ceo nocturno de Vigo, cun programa informático e pantallas e proxectores da sala de cambio climático de Vigozoo. As persoas que asistan aprenderán a orientarse durante a noite, recoñecer as constelacións, estrelas e planetas visibles esa noite, nocións de mitoloxía e historia da astronomía así como o manexo dun planisferio.

Para sumarse ao programa de VigoZoo é preciso facer reserva previa, no teléfono 986267783. As actividades desenvolveranse cumprindo as medidas de seguridade sanitaria vixentes en cada momento.

Máis

Hora

(Sábado) 22:00(GMT+02:00)

Localización

VigoZoo

Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra

Other Events