REVISTA ABRIL

Rockeando con Ramona Órbita

14mai12:30Rockeando con Ramona ÓrbitaPEQUERRECHOS | De balde12:30(GMT+02:00) Museo Verbum

Detalles do eventos

A Consellería de Normalización Lingüística, prepara un gran programa de actividades para todo o público para celebrar o Día das Letras Galegas.

Pakolas”, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.
En “Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo” Pakolas preséntanos o seu último librodisco, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020). Neste novo traballo contaremos e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Será o sábado 14 de maio ás 12:30h no Verbum.

Idade: 4 a 9 anos

Podes consultar toda a programación aquí

Máis

Hora

(Sábado) 12:30(GMT+02:00)

Localización

Museo Verbum

Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events