
13abr20:00Presentación: Lugo PhiladelphiaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Galería Río Lagares
Detalles do eventos
O libro de poesía de Lois Pérez e Alba Díaz conta a procura do rock and roll de Lugo a Philadelphia, vía Nova York. Imaxes e versos atrás
Presentación: Lugo Philadelphia
O libro de poesía de Lois Pérez e Alba Díaz conta a procura do rock and roll de Lugo a Philadelphia, vía Nova York. Imaxes e versos atrás do «azucre marrón». Un pé no profundo e outro na lama do que non brilla. Honky Tonk Husqvarna. Como un ollo aberto do que nace ao mundo. Estrofa, retrouso e riff. E as pintadas de Lito Pereira nas paredes da Piringalla. Canta o cuco na Terra Chá cando ouvean os Rolling Stones. Sempre vagabundos atrás dun anhelo. É só rock and roll: o boneco branco cos brazos en cruz no medio do camiño. É a poesía.
O xoves 13 ás 20:00 horas en Rio Lagares.
Máis

(Xoves) 20:00
Galería Río Lagares
67PC+2F Vigo