REVISTA ABRIL

Presentación 'Golpes de luz' de Ledicia Costas

30nov20:00Presentación 'Golpes de luz' de Ledicia CostasACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Libraría Cartabón

Detalles do eventos

A Libraría Cartabón acolle o vindeiro martes 30 de novembro a presentación do último libro da escritora viguesa Ledicia Costas ‘Golpes de luz’. Na presentación conversarán a autora e Fran Alonso.

Ledicia Costas tamén estará asinando exemplares desde as 18:00h

SINOPSE

Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas. O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo. Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa. Xulia non opina o mesmo. Para ela, volver á casa familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que precisa desvelar. O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles. Despois do éxito de «Infamia», Ledicia Costas regresa, dende o seu talento creativo, con «Golpes de luz», unha novela sorprendente e divertida.

Podes ler algunha das entrevistas que lle fixemos á autora premendo aquí e aquí.

Máis

Hora

(Martes) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Libraría Cartabón

Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events