VIALIA
bannerPicnicSesions

PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN ‘O ANTROPOMÓRFICO’, DE FRANCISCO LEIRO

12nov13:00PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN ‘O ANTROPOMÓRFICO’, DE FRANCISCO LEIROARTE E MUSEOS | De balde13:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

Este domingo 13 de novembro, o MARCO cumprirá 20 anos desde a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta celebración, o Museo ofrece unha programación especial e gratuíta que terá lugar a partir do xoves 10 ata o domingo13. A programación completa pode consultarse aquí.

PRESENTACIÓN DO CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN ‘O ANTROPOMÓRFICO’, DE FRANCISCO LEIRO– Sábado, 12 de novembro, ás 13h

A exposición FRANCISCO LEIRO. O antropomórfico, que se exhibe nas salas da planta baixa do MARCO ata o 8 de xaneiro, formula unha revisión da obra do artista ao longo de máis de tres décadas: un traballo centrado no antropomórfico, que é sen dúbida un dos eixes da súa produción. Deixando a un lado calquera sentido ou intención cronolóxica, artista e comisario buscan trazar a relación das obras cos peculiares espazos da planta baixa do MARCO, recorrendo tanto a obras xa realizadas coma a pezas de nova produción, específicas para esta mostra.

Na presentación do catálogo participan Abel Caballero, Francisco Leiro e Miguel Fernández-Cid.

Máis

Hora

(Sábado) 13:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events