O evento xa tivo lugar!
Prendendo Butacas: 'A maleta de Don Attilio' de Viravolta Títeres
Detalles do eventos
Gozar da maxia do teatro sen moverse de casa. Esa é a proposta que a Deputación de Pontevedra ofrece durante estas festas do Nadal coas funcións virtuais do
Detalles do eventos
Gozar da maxia do teatro sen moverse de casa. Esa é a proposta que a Deputación de Pontevedra ofrece durante estas festas do Nadal coas funcións virtuais do programa Prendendo Butacas na Casa, que arrancan este xoves, día de Noiteboa, e se prolongarán ata o domingo 3 de xaneiro. Son oito as representacións previstas a cargo doutras tantas compañías, fundamentalmente da provincia pontevedresa, que se retransmitirán vía streaming na web da institución provincial desde as 10 da mañá de cada xornada e durante as 24 horas seguintes.
Na xornada do 31, Noitevella está reservada para A maleta de Don Attilio, de Viravolta Títeres. É un espectáculo dirixido ao público infantil e familiar ambientada nun circo. Aborda o amor imposible entre Toni Bombillo, a estrela do espectáculo, e María, filla de don Próspero, preboste do barrio alto, dúas marionetas de orixes moi distintas.
Máis
Hora
31 decembro, 2020 10:00 - 1 xaneiro, 2021 10:00(GMT-11:00)
Detalles do evento virtual
RUN
Hoxe móvese
Séguenos nas redes