REVISTA ABRIL

'Para acabar en el suelo' de Damián Ucieda

26set19:00'Para acabar en el suelo' de Damián UciedaARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+02:00) SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Detalles do eventos

DEMOLITION captura, coa meticulosidad da fotografía analóxica de gran formato, o instante de derriba de catro torres de vivendas de protección oficial na cidade de Glasgow. É tamén o documento do fracaso dun proxecto de integración social: o estalido final do declive urbanístico e económico dunha comunidade abatida polo paro e a exclusión.

POLÍGONOS expón un achegamento, non exento de ironía, a dous xéneros pictóricos clásicos: a natureza morta e a paisaxe. A relectura de Damián Ucieda creba os códigos convencionalmente asociados ao bodegón ou á paisaxe urbana e, deambulando nos espazos deteriorados dos polígonosindustriais, dá conta dese universo de refugallos, detritus e azarosas composicións que se xeran nos seus canellóns.

PROTOCOLOS DE ACCESO
Acceso regulado conforme ás normas sanitarias. Obrigatorio o uso de máscara. A hora de apertura da inauguración adiantarase ás 19,00 h, e prolongarase ata as 21,15 h, para que se poida acceder de forma graduada.

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+02:00)

Localización

SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events