CAMELIAS MASCOTAS

Pablo López

24xul22:00Pablo LópezCONCERTOS | 10,00€22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

As reservas para gozar da música de Pablo López desde a platea de Castrelos sairán á venda o vindeiro martes 18 de xullo. Sairán á venda 5000 entradas combinando o formato online co presencial. Deste xeito, para facilitar o acceso de toda a cidadanía, os pases estarán dispoñibles en dúas quendas de 2.500 ás 9:30h e ás 16:30h (das que 1.250 de cada quenda serán online a través de www.vigoenfestas.com e outras tantas no despacho de billetes presencial do Auditorio Municipal).


Será o 24 de xullo cando o artista malagueño actúe no famoso auditorio vigués. Non é a primeira vez que pasa por Vigo xa que formou parte do festival Terraceo en 2020.

O salto á fama de Pablo López remóntase ao seu paso por Operación Triunfo en 2008. Ao finalizar o programa comezou a súa carreira como compositor. Foi en 2013 co sencillo ‘Vi’ cando se convertiu no artista revelación do momento e dende entón moitas das súas cancións pertencen ao noso imaxinario musical. Catro álbumes, 23 singels, varios premios, a participación en programas de televisión e ata unha actuación nos premios Goya do último ano conforman a súa carreira.

CONCERTOS CASTRELOS

  • 8 xullo: Andrés Calamaro
  • 15 xullo: David Bisbal
  • 24 xullo: Pablo López
  • 27 xullo: Alejandro Sanz
  • 29 xullo: Coral Casablanca
  • 5 agosto: Beret
  • 10 agosto: Bad Gyal
  • 15 agosto: Ana Mena
  • 20 agosto: David Guetta

ESPECTÁCULOS INFANTÍS

  • 12 xullo: ‘Pinocho’
  • 19 xullo: ‘La ratita presumida‘ de La Murga Teatro
  • 26 xullo: ‘La Rayuela‘ de Martina y los Supersingers
  • 2 agosto: ‘El libro de la selva‘ de El Molino
  • 9 agosto: ‘Tarzán, el musical‘ de Rodetacon Teatro
  • 16 agosto: ‘En Clave de Clown’ de Barafunda Animación

Máis

Hora

24 xullo, 2023 22:00(GMT+01:00)