8MDEPUTACION
bannerVialia

24xul22:00Pablo López, primeira confirmación en CastrelosCONCERTOS | De balde22:00 Parque Castrelos

Pablo López, primeira confirmación en Castrelos

Chegan as primerias confirmacións para as noites musicais do Parque de Castrelos e o cartel comeza con Pablo López. Será o 24 de xullo cando o artista malagueño actúe no famoso auditorio vigués. Non é a primeira vez que pasa por Vigo xa que formou parte do festival Terraceo en 2020.

O salto á fama de Pablo López remóntase ao seu paso por Operación Triunfo en 2008. Ao finalizar o programa comezou a súa carreira como compositor. Foi en 2013 co sencillo ‘Vi’ cando se convertiu no artista revelación do momento e dende entón moitas das súas cancións pertencen ao noso imaxinario musical. Catro álbumes, 23 singels, varios premios, a participación en programas de televisión e ata unha actuación nos premios Goya do último ano conforman a súa carreira.

Aínda non se coñece a data de saída das entradas pero o alcalde comunicou que se baralla a posibilidade de que os vigueses que teñan a tarxeta PassVigo poidan ter preferencia á hora de conseguilas.

Máis

X