VIALIA
bannerPicnicSesions

OV430: Bach: o concerto para violín e oboe

27set19:00OV430: Bach: o concerto para violín e oboeCONCERTOS | Desde 8,00 €19:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

Este domingo 27 de setembro dará comezo o Ciclo de Outono da OV430 cun concerto no Auditorio Martín Codax (Conservatorio Superior de Música).

Cada ano por estas datas a Orquestra Vigo 430 presenta a súa tempada de concertos. Nesta ocasión, coa intención de adaptarse o máximo posible á situación de incertidume provocada pola incidencia da Covid-19, a orquestra presentou o seu Ciclo de Outono. Co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Vigo, a tempada 2020-21 dividirase así en dous ciclos. Xa se coñece o primeiro deles, que vaise desenrolar durante os meses de setembro a decembro, e abarcará catro citas.

A OV430 vaise presentar neles con diversos formatos; así, esta primeira parte da tempada constará de dous concertos desenrrolados pola formación sinfónica, un que ofrecerá a orquestra barroca, y outro que correrá a cargo dos ensembles de cámara. Vanse recuperar tamén nesta programación alguns dos concertos adiados por mor do
confinamento. Na mesma, terá especial protagonismo a figura de Beethoven, pois atopámonos na recta final do 250 aniversario do seu nacemento. Toda a información sobre a nova tempada está no artigo deste enlace.

Debido á situación sanitaria na que nos atopamos, véronse obligados a reducir o aforo dos concertos para así garantir a seguridade en todos eles. Pese a isto, as entradas terán un coste de 8 euros (máis gastos de xestión). Estarán dispoñibles a partir do xoves 24 ás 17:00 horas, na web de ATaquilla.

Máis

Hora

(Domingo) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events