VIALIA
bannerPicnicSesions

A variada oferta da Orquestra Vigo 430: ópera, flamenco e bandas sonoras

Tras reanudar os concertos o pasado mes de agosto na vila romana de Toralla, para este mes de setembro sucédense as propostas en diversos formatos da Orquestra Vigo 430. A primeira na nosa cidade será o 20 de setembro coa Operacción Retorno, unha ópera en vivo no Teatro Afundación na que acompañarán á Asociación de Amigos de la Opera Vigo. A finais de mes comezará o Ciclo de Outono, formado por catro concertos moi especiais do máis variados.

Esta semana a OV430, o 6 de setembro, participará na Noite Lírica de Ponteareas a partir das 20:30. Tamén continuará este mes de setembro formando parte de ‘Música no Ar’, una iniciativa de concertos desarrollada por la Deputación de Pontevedra que os levará o 12 ao Mosteiro de Aciveiro en Forcarei, e o venres 18 oos Xardíns do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública de Baiona. Ambos serán ás 19:00 con inscrición previa en cultura@depo.es.

REVISTA ABRIL

En Vigo o primeiro concerto será a ‘Operacción Retorno’, unha ópera en vivo no Teatro Afundación por parte do Ensemble da OV430, na que acompañarán á Asociación de Amigos de la Opera Vigo. Será a partir das 20:30 horas, e as entradas xa poden adquirirse na web de Ataquilla.

O mes finalizará co primeiro dos concertos correspondentes ao Ciclo de Outono, un programa levado a cabo polo Concello de Vigo. Terá lugar o 27 de setembro no Auditorio Martín Códax, onde a Orquestra Barroca Vigo 430 presentará un programa dedicado integramente a Johann Sebastian Bach; interpretado, coma sempre, con criterios históricamente informados e instrumentos similares a os utilizados na época na que a música foi creada. Participarán músicos de renome como son a violinista Lina Tur Bonet e o oboísta Rodrigo Gutiérrez.

O Ciclo de Outono continuará cun concerto cada mes, todos eles no auditorio Martín Códax agás o de decembro, que será no teatro Afundación e se incluirá na programación de Nadal do Concello. Estes tres recitais incluirán pezas de Beethoven no 250ª aniversario da súa morte, outro acompañados pola guitarra flamenca de Jesús Pimentel “Cuchús” e, por último, unha homenaxe a dous dos máis grandes compositores de música para cinema: Ennio Morricone e John Williams, ambos galardoados este co Premio Princesa de Asturias das Artes. Desgrazadamente, no caso do italiano esta homenaxe será póstuma, xa que finou o pasado mes de xullo.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.