bannerRevistaOnline

Este é un evento repetitivo

05feb18:00OLIVIA Y LAS PLUMASPEQUERRECHOS | Desde 8,00€18:00 Sala Ártika

OLIVIA Y LAS PLUMAS

Olivia, a protagonista desta historia, vive nun pequeno pobo preto do bosque. Olivia ten un secreto e é que posúe un don especial: pode comunicarse cos animais. Grazas a este don, un día descobre que o lago se está secando e que os peixes necesitan chegar ao mar. Estes pídenlle que busque plumas para axudarlles. 

Nese momento, Olivia comeza unha intensa procura para recoller decenas de plumas. Pídellas aos pardais, ás cegoñas viaxeiras, á temible aguia… Pasado un tempo, Olivia consegue moitísimas plumas, pero non sabe que facer con elas. Unha noite, mentres fita o ceo estrelado, o vento leva cada unha das súas plumas para dar vida a unha auténtica maxia: Olivia entenderá o porqué de tantas plumas, desencadeando nun final sorprendente. 

Hora

  • Sábado 05 de febreiro de 2022 ás 18:00h
  • Domingo 06 de febreiro de 2022 ás 12:00h
  • Domingo 06 de febreiro de 2022 ás 18:00h

Máis

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X