VIALIA
bannerPicnicSesions

Obradoiro infantil

12nov12:3014:00Obradoiro infantilPequerrechos | De balde12:30 - 14:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

Este domingo 13 de novembro, o MARCO cumprirá 20 anos desde a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta celebración, o Museo ofrece unha programación especial e gratuíta que terá lugar a partir do xoves 10 ata o domingo13. A programación completa pode consultarse aquí.

OBRADOIROS PARA PÚBLICO INFANTIL  Sábado 12 de novembro

11.00 – 12.30 = participantes de 3 a 6 anos
12.30 – 14.00 = participantes de 7 a 12 anos
Libraría LASAL BOOKS (entrada do museo)

A obra de Laura Cid (artista participante na exposición Future Stories) inspira este obradoiro dirixido a público infantil no que tamén participa Mª Xosé Martínez (didáctica en MARCO). Coa axuda dos libros elixidos por Lasal Books, neste obradoiro pensaremos nas nosas características persoais, relacionándoas cun animal, real ou imaxinario, que situaremos nos nosos lugares favoritos: a praia, a montaña, de pícnic, voando nunha nube…

Máis

Hora

(Sábado) 12:30 - 14:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events