REVISTA ABRIL

OBRADOIRO DE ARTE PÚBLICA: ‘ A CIDADE COMO CAMPO DE XOGO’ 

12nov11:0013:00OBRADOIRO DE ARTE PÚBLICA: ‘ A CIDADE COMO CAMPO DE XOGO’ ARTE E MUSEOS | De balde11:00 - 13:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

Este domingo 13 de novembro, o MARCO cumprirá 20 anos desde a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta celebración, o Museo ofrece unha programación especial e gratuíta que terá lugar a partir do xoves 10 ata o domingo13. A programación completa pode consultarse aquí.

OBRADOIRO DE ARTE PÚBLICA: ‘ A CIDADE COMO CAMPO DE XOGO’ – Sábados 12, 19 e 26 de novembro, de 11 a 13h

Conducido por Lucía Romaní
Organiza: AAM Agrupación Amiga do MARCO
Sábados 12, 19 e 26 novembro
De 11.00 a 13.00
Sala MARCOteca, 1º andar
Para estudantes, docentes, e persoas interesadas nas relacións arte-espazo público
Previa inscrición en taquilla.marco@gmail.com
Prazas limitadas a 25 participantes

Este taller formúlase como unha introdución á práctica artística contemporánea que ten lugar no espazo público – dende unha perspectiva transdisciplinar– que permita as persoas asistentes percibir o devandito ámbito como un espazo aberto á experimentación e ao desenvolvemento de intervencións artísticas de carácter efémero, coa posibilidade de vincularse a outras disciplinas como parte dun proxecto integral.

O propio ámbito do MARCO servirá como espazo de observación, análise e experimentación. Tras unha aproximación teórica ao campo de estudio, na segunda sesión sairemos ao exterior coa intención de percibir a cidade con novas lentes, explorando novas posibilidades de transitar e habitar o espazo. Na última sesión traballarase en distintas situacións do centro urbano, como “campo de probas” para desenvolver micro-propostas de creación colectiva.

Máis

Hora

(Sábado) 11:00 - 13:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events