CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

O Ciclo Mulleres: 'Respect'

20mar19:00O Ciclo Mulleres: 'Respect'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Sede Afundación

Detalles do eventos

Filmes nos que se reflicten diferentes realidades, épocas e lugares, seguindo un mesmo fío, a muller como protagonista. Neste caso, poñemos o foco en mulleres que fixeron historia en diferentes ámbitos profesionais: a música, a literatura e a política. Conseguiron facerse un oco en tempos difíciles e reivindicarse a si mesmas na súa particularidade e como dignas representantes do colectivo.

Entradas gratuítas. Imprescindible reservar en ataquilla.com a partir do 1 de marzo.

Esta actividade enmárcase no programa CULTURA POR ALIMENTOS, polo que o acceso ás proxeccións será a cambio de alimentos non perecedoiros. Suxerimos conservas, leite, aceite ou alimentos infantís, que irán destinados ao Banco de Alimentos local.

PROGRAMA:

Respect
Liesl Tommy | Estados Unidos | 2021 | 145 min | NRM 12

Biopic da lendaria cantante Aretha Franklin, que segue a súa carreira desde a infancia, cando cantaba no coro da igrexa do seu pai, ata que conseguiu a súa enorme fama internacional. Especialmente recomendado no fomento da igualdade de xénero.

Luns 20 de marzo ás 19:00h

Jackie
Pablo Larraín | EEUU | 2016 | 100 min | NRM 12

Biopic sobre Jackie Kennedy no que vemos reflectidas as luces e as sombras da primeira dama máis famosa da historia. Natalie Portman desenvolve un papel impecable polo que foi seleccionada ao Óscar.

Luns 27 de marzo ás 19:00h

Conociendo a Astrid (Unga Astridaka)
Pernille Fischer Christensen | Suecia | 2018 | 123 min | NRM 12

Biopic da escritora sueca Astrid Lindgren, creadora de Pippi Calzaslargas, que se acabou convertendo nun fenómeno mundial para varias xeracións e nun símbolo feminista. A autora escribiu estas aventuras mentres se recuperaba dunha fractura na perna.

Luns 17 de abril ás 19:00h

Máis

Hora

20 marzo, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events