CANS
XERAIS

Festival e feira do vinilo

23xuñTodo o díaFestival e feira do viniloFESTIVAIS E FEIRAS | De balde(Todo o día: venres)(GMT+02:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

O Centro Comercial Camelias celebra os próximos días 23 e 24 de xuño a Feira e festival do Vinilo: regreso ao pasado. O evento consiste nunha feira de vinilos, discos e cassetes xunto con varias actuacións musicais. Desde o centro comercial queren darlle ao evento un ton nostálxico, retro e divertido dirixido a todas as idades, coincidindo coa celebración do Día Europeo da Música, o 21 de xuño.

Todas aquelas persoas que queiran participar na feira e dispoñer da súa propia caseta (hai vinte en total) poden inscribirse enviando un correo electrónico a info@cameliascc.com, tamén hai casetas reservadas a empresas que queiran participar por un prezo simbólico. Todos os participantes poderán vender ou intercambiar os seus cds, cassettes e vinilos ao público asistente á feira.

De maneira parelela desenvolverase o festival que inclúe varias actuacións musicais e a presentación do libro ‘Son da cidade’.

PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL:

Venres 23 ás 19:00 na planta alta: concerto do grupo Vic & The Michaels Blues Band, banda de covers de blues e rock.

Sábado 24 ás 12:30 h na planta baixa: presentación do libro ‘Son da Cidade’, escrito por Pablo Vázquez Varela e ilustrado por Denis Carballás, quen vai a regalarnos tamén un concerto.

Sábado 24 ás 19:00 h na planta alta: concerto de Lost in mantra, banda xuvenil de versións rock, metal e últimas tendencias da música xaponesa.

Os amantes da música, aquelas persoas que queiran atopar unha xoia ou aqueles outros que queiran desfacerse dos seus tesouros sonoros para darlles unha nova vida teñen unha cita no centro comercial das Travesas polo San Xoán!

Máis

Hora

Todo o día (Venres)(GMT+02:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events