VIALIA
bannerPicnicSesions

Mulleres, ciencia e universidade… suspenso en igualdade?

08feb19:00Mulleres, ciencia e universidade… suspenso en igualdade?ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00)

Detalles do eventos

Faladoiro virtual titulado ‘Mulleres, ciencia e universidade… suspenso en igualdade?’, no que intervén Ana Xesús López Díaz.

PLATAFORMA GOOGLE MEET

CÓDIGO PARA UNIRSE: ogd-vtqq-jku

Malia que pasaron máis de 100 anos desde que as mulleres puideron acceder á universidade nas mesmas condicións que os homes, e a pesar do amplo desenvolvemento normativo en materia de igualdade, a situación está aínda lonxe da paridade. Persisten fortes desequilibrios na distribución de ambos sexos segundo ámbitos de coñecemento, así como no progreso na carreira académica do profesorado. As causas deste desequilibrio son múltiples, pero percíbese a persistencia de estereotipos de xénero e mesmo discriminacións, máis ou menos indirectas, difíciles de eliminar. Neste relatorio, a profesora Ana Jesús López presenta algúns datos significativos sobre a situación das mulleres na universidade española en xeral, pero tamén nas universidades galegas. A realidade que amosan as cifras pon de manifesto, entre outras, a necesidade de creación de redes como medio eficaz para acadar a igualdade efectiva entre mulleres e homes na Academia.

Máis

Hora

(Martes) 19:00(GMT+01:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!