Monográficos arredor da oralidade
Detalles do eventos
No mes de abril de 2024, van ter lugar os seguintes monográficos: • Venres, 19 de abril. Oratoria e filosofía de taberna por Manoel da
Detalles do eventos
No mes de abril de 2024, van ter lugar os seguintes monográficos:
• Venres, 19 de abril. Oratoria e filosofía de taberna por Manoel da Costa
• Martes, 23 de abril. O feito trobadoresco na súa globalidade oral por Xabier Ron
• Xoves, 25 de abril. A musicalidade da palabra por Paco Barreiro
• Martes, 30 de abril. Os monstros nos pregos de Cordel e noutros escritos por Félix e Castor Castro Lorenzo
Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.
Programa do acto do venres, 19 de abril de 2024
►De 17:00 a 17:50. Taller de oratoria. Contido e contienente. Relatorio de introdución a algunhas técnicas de estruturación da oralidade
►Descanso de 10 minutos
►De 18:00 a 18:50. Posta en práctica dalgunhas das estratexias expostas na hora anterior arredor dos libros das Crónicas dun filósofo tabernario. Obradoiro arredor dos contos O radio do Diamantino e De chapeus de tres picos que só teñen dous. Posta en común
►Descanso de 10 minutos
►De 19:00 a 20:00. Sesión aberta: Aquelas vellas tabernas mariñeiras. Como nace e evoluciona no tempo unha triloxía. Persoas e personaxes na triloxía. Posibilidade de desenvolver unha peza curta de teatro improvisado arredor do Mira quelledigo e don Manoel falando na taberna
Máis
Hora
(Venres) 17:00(GMT+02:00)
Localización
Museo Verbum
Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes