REVISTA OUTUBRO

Este é un evento repetitivo

'Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos'

01xuñ20:00'Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos'ESPECTÁCULOS| Desde 10,00€20:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Conferencia escénica, bastardia disciplinar, investigación desleal onde se mesturan coñecementos teóricos e prácticos a través do humor, tendo como eixo central a disidencia sexo-xenérica na escena. Un dos obxectivos desta peza é pasar polo corpo os coñecementos teóricos manexados dentro da proposta, partindo de diversos conceptos e referentes que nos axudan a conformar xenealoxías diversas, xenealoxías dislocadas que cuestionan a historia escénica heterocentrada.

Esta conferencia freak en formato desbordado xorde da necesidade de expandir e traducir a linguaxe escénica o proceso de investigación académica da tese doutoral: Sexualidades Des-Xeneradas na busca de carroña metodolóxica e incoherencia corporal.

–       DURACIÓN ESPECTÁCULO: 60’
–       DISCIPLINA E XÉNERO: Conferencia escénica/performativa
–       IDIOMAS DISPOÑIBLES: Galego
–       TIPO DE PÚBLICO (todos os públicos/adulto/ infantil e familiar/idade
recomendada…) Todos os públicos

Sábado e domingo ás 20:00

Entradas

Máis

Hora

1 xuño, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events