VialiaVigo

decembro, 2020

06dec18:00Mar de Cultura: Emilio RúaCONCERTOS | De balde18:00 Museo do Mar

Detalles do eventos

Gran nova que se sigan realizando concertos nestes tempos, aínda que non sexan no seu hábitat natural, as salas. Este mércores 2 iníciase no Museo do Mar o ciclo de concertos Mar de Cultura, unha serie de actuacións con protagonismo feminino que durarán ata o domingo.

O primeiro será este mércores 2 ás 18:00 con A Pedreira, compositora e cantora galega que xa leva lanzados oito discos. Ugia Pedreira propón novas visións e percepcións dentro do panorama musical galego. O xoves 3 ás 20:00 será o ciclo Mar de Mulleres, no que actuarán artistas do nivel de De Vacas, Guadi Galego, Uxía e Felisa (Leilía). Este será o único evento da semana que será retransmitido en streaming a través da páxina de Facebook do Museo.

O venres ás 20:00 continúa a música con Ailá, un proxecto artístico compostelán que basea o seu repertorio nas recollidas históricas da música galega de transmisión oral. O sábado 5 ás 18:00 é a quenda de Silvia Penide e Carla López, unha homenaxe nada da necesidade de mostrar a voz das mulleres autoras. Pechará o ciclo Emilio Rúa o domingo 6 tamén ás 18:00, cantautor ourensán con case catro décadas de carreira. Presenta varios temas propios da súa extensa discografía, así como versións e adaptacións de temas universais e populares da súa terra.

Todos os concertos son gratuítos con reserva previa. Para isto é necesario enviar un correo a info.museodomar@xunta.es co teu nome, apelidos, número de teléfono, número de cadeiras a reservar (máx. 2) e nome e apelidos do/a acompañante.

Máis

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

X