outubro, 2021

22out21:00Máis que Blues: Luke Winslow King + Roberto LutiCONCERTOS | Desde 12,00€21:00 Sala Rouge

Detalles do eventos

Volve o “Mais Que Blues” a programar  tras meses de silencio por causa da pandemia. E non podería ser de outro xeito,  que co anuncio da visita de dous dos músicos máis queridos polos asistentes a este Ciclo Internacional de Blues,  que de modo independiente desde 2018 leva traído ata o sur da Galicia algunhas das bandas máis importantes do panorama nacional e internacional deste xénero (Ana Popovic, Tail Dragger, Terry Harmonica Bean, James Armstrong, Velma Powell…)

Falamos de Luke Winslow King & Roberto Luti, que  nesta ocasión veñen en formato dúo para deleitarnos cun concerto cheo de emocións e sobre todo moita clase. Luke Winslow King (Michigan) chegará a Galicia arroupado polo seu inseparable compañeiro de batallas  Roberto Luti (Livorno), co cal leva percorrendo o mundo de escenario en escenario desde 2012, ano no cal comezaron a tocar xuntos nas rúas e os clubs da cidade de Nova Orleans, onde pouco a pouco foron impregnándose do Folk, Blues, R&B, Jazz,…  Deste xeito conseguiron  crear o seu propio son, unha mestura de estilos onde a voz de Luke e a guitarra de Roberto se fusionan á perfección, creando un aura especial.

O RESTO DE CONCERTOS DO CICLO ‘MÁIS QUE BLUES’

THE BUTTSHAKERS (FRANCIA) – 29 Outubro  / 21:00 H.  / 15€ Ant. 18€ Taq.
Será o único concerto de The Buttshakers en Galicia,  onde esta banda francesa liderada pola carismática Ciara Thompson (St. Louis USA) non deixará a ninguén indiferente co seu derroche de enerxía sobre o escenario. A base de Rhythm and Blues, Soul, Funk e esa dose de enloquecido Garage farán bailar e gozar a todos os que acudan a Sala Rouge. Desde Tina Turner pasando por  Sharon Jones, The Sweet Vandals, Charles Bradley, James Brown, Bellrays... son algunhas das súas referencias. Seis músicos sobre un escenario, unha  Bomba Explosiva chamada: The Buttshackers.

WATERMELON SLIM (USA) – 20 Novembro /  21:00 H. /  15€ Ant.  18€ Taq.
Único concerto en Galicia de Watermelon Slim, toda unha lenda viva do BLUES que virá directamente dende o cruce de camiños onde Robert Johnson pactou co diaño (Clarksadale-Mississippi) ata Vigo, para deleitarnos co Blues de sempre.Virá en formato trío, cargado de cancións cheas con experiencias vividas en primeira persoa, de rabia e dor, de esperanza e frustración, amenizadas sempre ca sua armónica , o slide guitar e esa inconfundible desgarradora voz.

Máis

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Sala Rouge

Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra

X