REVISTA ABRIL

LOOP

30abr18:00LOOPPEQUERRECHOS | 5,00 €18:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril no Auditorio Municipal de Concello.

Máis información sobre todos os espectáculos de Vigocultura 2023 aquí e no folleto online.

Entradas a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería Libros para soñar. Poden adquirirse en packs de 5 ou 10 espectáculos con desconto.

LOOP, Aracaladanza

Domingo 30,18:00 h

Danza contemporánea. Galego. +6 anos. Celebración do Día Internacional da Danza.

Autoría: Aracaladanza
Dirección e coreografía: Enrique Cabrera
Escenografía e vestiario: Elisa Sanz
Deseño de iluminación: Pedro Yagüe
Música: Luis Miguel Cobo
Intérpretes: Carolina Arija, Jorge Brea, Raquel de la Plaza, Jonatan de Luis A, Leix Rodríguez e Jimena Trueba.

Que queda tras os aplausos de unha función, xusto cando cae o pano? Que queda tras unha función e tan só unha “luz de traballo” ilumina o espazo? Quen recolle e ordena e limpa o escenario? Como é un escenario baleiro? Que sucede entón?

Loop é un escenario coma un lenzo en branco. Teatro dentro do Teatro. Danza dentro da Danza. Marca de “fábrica” de Aracaladanza, a linguaxe, o traballo e os misterios do propio escenario converten a Loop nunha dramaturxia visual, libre como os soños que con imaxes, constrúe o que sempre está por suceder sobre as táboas. Esa é a maxia á que aspira Loop.

Máis

Hora

(Domingo) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events