
'Libre como os paxaros'
Detalles do eventos
A Consellería de Normalización Lingüística, prepara un gran programa de actividades para todo o público para celebrar o Día das Letras Galegas.
Detalles do eventos
A Consellería de Normalización Lingüística, prepara un gran programa de actividades para todo o público para celebrar o Día das Letras Galegas.
O venres 20 de maio ás 20h no Auditorio Municipal, terá lugar a representación da obra ‘Libre como os paxaros’. Obra adicada á poeta Rosalía de Castro que será interpretada por María Barcala.
Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais. Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar. Denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria. E clama contra o silencio que todo o envolve. Filla de nai solteira. E de pai cura. Escritora. E poeta. Galega de pensamento libre. Libre coma os paxaros.
Pode consultar toda a programación aquí
Máis
Hora
20 maio, 2022 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra