REVISTA ABRIL

LECTURAS EN TORNO Á EXPOSICIÓN DE FRANCISCO LEIRO

12nov19:30LECTURAS EN TORNO Á EXPOSICIÓN DE FRANCISCO LEIROARTE E MUSEOS | De balde19:30(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

Este domingo 13 de novembro, o MARCO cumprirá 20 anos desde a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta celebración, o Museo ofrece unha programación especial e gratuíta que terá lugar a partir do xoves 10 ata o domingo13. A programación completa pode consultarse aquí.

LECTURAS EN TORNO Á EXPOSICIÓN DE FRANCISCO LEIRO – Sábado 12 ás 19:30h

Coa participación de: Grupo de Voluntariado Cultural do Concello de Vigo, membros da AAM Agrupación Amiga do MARCO, e integrantes do Club de Lectura #BiblioMARCO
Sábado 12 novembro
Ás 19.30
Salas de exposición da planta baixa
Para público en xeral

As obras da exposición de Francisco Leiro serviron de inspiración para esta iniciativa na que un grupo de persoas pertencentes ao grupo de Voluntariado Cultural do Concello de Vigo, membros da Agrupación Amiga do MARCO, e participantes do Club de Lectura #BiblioMARCO, ofrecerán aos visitantes un conxunto de lecturas escollidas, nun percorrido literario-artístico polos espazos da planta baixa.

Textos e poemas de Antón Reixa, Eliseo Alonso, Rosalía de Castro, Emilio Álvarez Blázquez, Isabel Ferreiro, Lueiro Rey, Rafael Alberti, Elisabeth Bishop, Vicente Huidobro, ou Marcos Ana, entre outros, conforman unha parte do repertorio elixido para esta ocasión.

Máis

Hora

(Sábado) 19:30(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events