
16mar18:00LATASPEQUERRECHOS | 5,00 €18:00 Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o
LATAS
Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril no Auditorio Municipal de Concello.
Máis información sobre todos os espectáculos de Vigocultura 2023 aquí e no folleto online.
Entradas a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería Libros para soñar. Poden adquirirse en packs de 5 ou 10 espectáculos con desconto.
LATAS, Compañía D’Click
Domingo 16,18:00 h
Novo circo. + 5 anos. Estrea en Galicia. Celebración do día mundial do circo.
Autoría: Compañía D’Click
Dirección: Florent Bergal
Escenografía: Ibon Barquero e Carlos Herrero
Deseño de son: Roberto Gregorio
Deseño de iluminación: Tatoño Perales
Vestiario: Pep4
Espazo sonoro: Nieves Arilla
Coreografía: Diego Sinniger e Florent Bergal
Intérpretes: Ana Castrillo, Javier Gracia e Hugo Gauthier
Un equilibrio entre o animal e o humano, unha danza entre o inútil e o belo. Tres personaxes constrúen e destrúen o presente sen máis obxectivo que desafiar o aburrimento. Coñécense tanto que non precisan falar. Habitan un mundo no que pasou algo, pero non sabemos o que. Buscan dentro de latas un pouco diso, que ao compartirse multiplícase.
Un convite a xogar indiferentes a calquera pensamento. Un momento de felicidade compartida, cun pé neste mundo, e outro nunha terra sen tempo.
Máis

(Xoves) 18:00
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra