bannerRevistaOnline

29xan19:30IV xornadas do EntroidoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30 Centro Cultural Camões Vigo

IV xornadas do Entroido

A Asociación Etnográfica A Merdeira organiza as IV Xornadas do Entroido, as cales terán lugar o vindeiro venres 28 e sábado 29 de xaneiro no Instituto Camões, na Praza de Almeida.

Estes encontros, de caracter bianual, levan celebrándose dende o ano 2016. Por eles xa pasaron figuras como As Pantallas de Xinzo da Limia, As Madamas e Galáns de Cobres e máscaras portuguesas como os Caretos de Lazarim.

Este ano contaremos coa participación dos entroidos de Ribadetea, Sande e Salceda de Caselas. Quen nos achegaran as figuras das Perriñas e Mudados, As bonitas, o Oso e máis figuras de Sande xunto o recentemente recuperado Rancho de Entroido do barrio da Feira. Ao marxe das presentacións xa citadas, as xornadas contarán cunnha pequena exposición fotográfica acompañada de prendas e vestimentas dos entroidos convidados como tamén do propio Merdeiro, figura do entroido tradicional vigués.

Máis

X