Instalación corpos

12nov19:00Instalación corposARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

Este domingo 13 de novembro, o MARCO cumprirá 20 anos desde a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta celebración, o Museo ofrece unha programación especial e gratuíta que terá lugar a partir do xoves 10 ata o domingo13. A programación completa pode consultarse aquí.

PRESENTACIÓN INSTALACIÓN CORPOS – Sábado, 12 de novembro

O equipo de artes plásticas da Fundación Igualarte, Diseñatas, presenta a instalación CORPOS no Espazo Anexo del Museo. Corpos é unha obra realizada especificamente para este espazo, que fala da infinidade de tipos de corpos, de personalidades e actitudes que temos as persoas, e de como interactuar entre nós, onde nos situamos e onde nos sitúan.

Esta intervención artística a través da acción pictórica sobre móviles antropomorfos de madeira é a representación e posta en valor de todas as riquezas e complexidades individuais que conforman o conxunto dunha sociedade avanzada. Cada unha das pezas mestura partes humanas dun modo único, deconstruíndo as combinacións estándar.

O feito de traballar con xoguetes como soporte é unha referencia clara á infancia, xa que é precisamente nesta etapa vital cando nos estamos a formar e cando nos temos que empapar da importancia da axuda, o significado do colectivo, e aprender a aceptar a todas as persoas, sexan como sexan, para mellorar así a comunidade traballando de forma máis cooperativa.

Helena Cuber, Alberto Rodríguez, Gustavo López, Adriana Cervantes, Lucía Caballero, Iván Lago, Loira Fernández, Eva García, e Alberto Ardid como coordinador do proxecto
Coa colaboración de: Rosa Fernández, Olivia Boyce, Alicia Fernández, Bárbara Martínez
Ás 19.00 = apertura de portas ao público
Espazo Anexo (praza peonil posterior)

Máis

Hora

(Sábado) 19:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events