REVISTA ABRIL

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN: PROCESSI 148

10nov20:00INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN: PROCESSI 148ARTE E MUSEOS | De balde20:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

Este domingo 13 de novembro, o MARCO cumprirá 20 anos desde a súa apertura ao público en 2002. Con motivo desta celebración, o Museo ofrece unha programación especial e gratuíta que terá lugar a partir do xoves 10 ata o domingo13. A programación completa pode consultarse aquí.

NAUGURACIÓN EXPOSICIÓN: PROCESSI 148 – Xoves, 10 de novembro

A Real Academia de España en Roma, institución dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación desenvolve, dende sempre, un rol fundamental e estratéxico para a política cultural española no estranxeiro e na formación de numerosas xeracións de artistas e intelectuais españois, italianos e latinoamericanos

En tanto que centro de produción artística e de xeración de coñecemento, a Academia de España en Roma é un espazo de encontro para creadores que desenvolven os seus proxectos inmersos entre a tradición do seu conxunto monumental e a innovación constante dunha sociedade global e tecnolóxica. Co apoio da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), a Academia convertiuse nunha das residencias artísticas máis importantes de España, similar a outros centros de creación de referencia internacional

A exposición PROCESSI 148 reúne a obra realizada polos artistas residentes na Academia de España en Roma dentro do seu programa anual de bolsas de produción e residencia artística. No curso académico 2020-21, a obra dos artistas residentes, 21 en total, abrangue dende a arte figurativa ata a tecnoloxía multimedia, incluíndo tamén fotografía, danza, cinema, novela gráfica, pasando pola moda e a gastronomía, entre outras disciplinas.

Irene de Andrés Toni Amengual / Natividad Bermejo / Gadea Burgaz / Alán Carrasco / Sara García / Gonzalo Golpe / Maral Kekejian / Yeyei Gómez / Cristina Morales / Virginia Morant / Carlos Pardo / Txuspo Poyo / Javier Quislant / Muriel Romero / María Del Mar Sáez / Shirin Salehi / Miguel Torres / Elo Vega / Leire Vergara / Àngels Viladomiu

Datas: 10 novembro 2022 – 5 febreiro 2023
Lugar: MARCO, salas frontais e Galería B3, 1º andar
Produción: Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) e Real Academia de España en Roma
Comisario: Enrique Bordes

Máis

Hora

(Xoves) 20:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events