ASNEVES
REVISTA MAIO

A sala Molotov celebra dous anos con mercado e festa de djs

16mar16:30A sala Molotov celebra dous anos con mercado e festa de djsCONCERTOS | De balde16:30(GMT+01:00) Molotov

Detalles do eventos

Hai dous anos que a sala Molotov abría as súas portas en Santiago de Vigo, no local que antes albergara El Ensanche ou máis tarde The Village. Nacía co espíritu de insuflar aire a escena cultural viguesa e ofrecer un espazo no que albergar concertos, jam sessions, clubbing, festas, moda, exposicións, mercadiños e teatro. Tal e como nos explicaba o seu xerente Kaixo nesta entrevista, o camiño non foi fácil durante este par de anos e non puideron levar a cabo todas as actividades que lles tivesen gustado. Pero como hai que quedar coa parte boa, este sábado 16 Kaixo convídanos a celebrar con el o segundo aniversario de Molotov nunha festa que vai comezar xa pola tardiña. De 16:30 a 21:30 terá lugar #LAFERIA, un mercado no que atoparemos todo tipo de produtos como roupa de segunda man e moda vintage, arte, marcas galegas ou autoedición, todo amenizado coa música de Peon Kurtz. Haberá vermú fresco, terraza e a sala dispoñible.

A partir das 00:30 h arranca a gran festa festa de aniversario con cervexa Mahou sen filtrar gratis para as primeiras cen persoas en chegar e un DJ set de primeiro nivel, polo que pasarán Rizo Selektor (ORTIGA), Mundo Prestigio, Kaixo e Sestelo.

Máis

Hora

(Sábado) 16:30(GMT+01:00)

Localización

Molotov

Travesía Santiago de Vigo, 1, 36201 Vigo, PO

Other Events