
03feb19:00'Horas felices' de Berta CáccamoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Biblioteca EMAO
Detalles do eventos
Presentación do libro ‘Horas felices’ de Berta Cáccamo. Interveñen: Xosé María Alvárez Cáccamo, Legado Berta Cáccamo Juan de Nieves,
'Horas felices' de Berta Cáccamo
Presentación do libro ‘Horas felices’ de Berta Cáccamo.
Interveñen:
Xosé María Alvárez Cáccamo, Legado Berta Cáccamo
Juan de Nieves, comisario e editor da publicación
Patricia Dauder, artista
Esta publicación responde á exposición do mesmo título que tivo lugar no Museo Patio Herreriano de Valladolid entre xaneiro e xuño de 2022, primeira mostra retrospectiva da artista viguesa tras o seu falecemento no ano 2018.
Con textos de Juan de Nieves, comisario da exposición, e da artista Patricia Dauder, o libro, deseñado coidadosamente polo estudo Tipos Móbiles (Madrid), é unha produción editorial do Museo Patio Herreriano, xunto ao Legado Berta Cáccamo e a colaboración da galería Trinta de Santiago de Compostela.
Máis

(Venres) 19:00