8MDEPUTACION
bannerVialia

12xuñTodo o díaGuns N'Roses actuarán en Balaídos no mes de xuñoCONCERTOS | -(Todo o día: luns) Balaidos

Guns N'Roses actuarán en Balaídos no mes de xuño

Xa coñecemos o primeiro gran concerto deste verán na nosa cidade: A banda de hard rock Guns N’Roses actuará o 12 de xuño no Estadio de Balaídos. Unha das bandas de rock máis exitosas chega a Galicia por primeira vez na súa traxectoria.

A agrupación formada en Los Angeles en 1985 volve as estradas este 2023 cunha xira que os levará por Oriente Medio, Europa e América do Norte durante o verán e o outono. O de Vigo será o terceiro concerto desta xira que arranca o 5 de xuño en Tel Aviv e continúa logo en España con só dúas datas: Madrid o 9 de xuño e Vigo tres días despois. Axl Rose, Slash e compañía traerán o seu poderoso directo ao estadio vigués cun repertorio cargado de hits entre os que posiblemente estean clásicos como ‘Sweet child O’Mine’, ‘November rain’ ou ‘Welcome to the jungle’.

Despois de 21 anos sen concertos, Muse volveu facer soar a música no Estadio de Balaídos o pasado verán. Tras o concerto, enmarcado dentro dos grandes espectáculos do Xacobeo, tanto o Celta, para conmemorar os seus 100 anos de vida, como o Concello anunciaron que este 2023 o recinto acollería grandes concertos. Con este anuncio, feito pola propia banda a través da súa web e redes sociais coñecemos a primeira sorpresa que o Concello tiña preparadas para este verán.

As entradas sairán á venda próximamente.



Máis

Hora

Todo o día (Luns)

Localización

Balaidos

Avda. de Balaídos, s/n, 36210 Vigo, Pontevedra

X