GFFF: Caspervek Ensemble
28out19:30GFFF: Caspervek EnsembleFESTIVAIS E FEIRAS | 8,00€19:30(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax
Detalles do eventos
Caspervek Ensemble, con Brais González ao piano e á dirección, Blas Castañer á percusión, Erea Carbajales ao violín, Tonio Comesaña ao clarinete e Ainara González á trompa, serán os encargados
Detalles do eventos
Caspervek Ensemble, con Brais González ao piano e á dirección, Blas Castañer á percusión, Erea Carbajales ao violín, Tonio Comesaña ao clarinete e Ainara González á trompa, serán os encargados de poñer a banda sonora en directo á un verdadeiro clásico do cinema: A carreta pantasma (1921), de Victor Sjöström.
Volvendo a A carreta pantasma, trátase dun referente para Stanley Kubrick, autor de El resplandor, cinta homenaxeada nesta nova edición do GFFF. A obra goza de gran relevancia na historia do cinema xa que foi pioneira no uso de técnicas fílmicas nunca vistas, coma as dobres exposicións ou as elaboradísimas composicións que amosan o minucioso traballo de Julius Jaenzon á fotografía.
Caspervek estreou esta obra en Poznan (Polonia), sen embargo, a versión que será estreada en España nesta ocasión será ben diferente, unha nova versión para quinteto da partitura orixinal de 2015. Esta composición de Brais integra ademais dous temas folclóricos suecos dentro do xa propio universo e estilo Caspervek.
Na gala de clausura, o sábado 31, os asistentes terán ocasión de desfrutar dunha estrea mundial: Devorados por la noche, de Óscar Doviso. O filme, situado nos anos 80, contará o que lles acontece a un cantante dunha banda de rock e o seu grupo logo dun concerto. Podes consultar aquí o resto de curtas programadas dentro do festival.
Máis
Hora
28 outubro, 2020 19:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualdecembro
Séguenos nas redes