REVISTA ABRIL

Casa das Artes. Fundación Laxeiro

01xan00:0031dec(dec 31)23:50Casa das Artes. Fundación LaxeiroARTE E MUSEOS | De balde(xaneiro 1) 00:00 - (decembro 31) 23:50(GMT+01:00) Casa das Artes

Detalles do eventos

O artista José Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro (Lalín 1908 – Vigo 1996) conta na Fundación Laxeiro cunha exposición permanente formada por un total de 62 obras propiedade do Concello de Vigo e cedidas en réxime de depósito á Fundación Laxeiro, entidade creada en 1999 que vela pola difusión e a investigación da obra deste artista.

Laxeiro está considerado como o máximo representante do movemento coñecido como “Renovadores” do vangardismo histórico galego, protagonistas dunha renovación plástica que superaba o rexionalismo imperante na época e que situaba a identidade estética galega en consonancia coas tendencias europeas.

Ademais da colección permanente, a Fundación Laxeiro organiza exposicións temporais, con fondos de coleccións privadas e públicas do mesmo autor, cede obras para exposicións antolóxicas, divulga obras en exposicións organizadas fóra de Vigo, cataloga obras inéditas do autor e programa diversas actividades artísticas sobre todo no ámbito do pensamento estético contemporáneo, con especial atención aos artistas galegos mozos.

Neste edificio atópase o Archivo fotográfico Pachego. O arquivo Pacheco representa a máis completa colección de recursos fotográficos de titularidade pública sobre a cidade de Vigo. A colección está composta por un total de 140.000 imaxes que abarcan o período que vai dende finais do século XIX até a década dos anos 70. A variedade temática é unha das notas predominantes, constituíndo unha completa crónica da cidade. A autoría das fotografías corresponde a varias xeracións de fotógrafos da mesma familia. O Concello de Vigo adquiriu a colección en maio de 1991.

A Casa das Artes, ademáis de sede da Fundación Laxeiro e do Arquivo Fotográfico Pacheco tamén o é da Colección Torras, a cal nace en 1998 froito da doazón realizada polo artista vigués Luis Torras á cidade. Representa a mellor selección da obra desenvolvida por este artista ao longo da súa traxectoria. Considerada unha das figuras máis destacadas da plástica galega contemporánea, Luis Torras manifesta na súa colección, integrada por 67 cadros, unha predilección polas paisaxes e retratos, seguindo unha técnica meticulosa e un estilo que desemboca nun singular fauvismo, desde un postimpresionismo de raíces cubistas.

Enderezo: rúa Policarpo Sanz 15 – 3º 36201 Vigo
Teléfono / Fax: 986 438 475
E-mail:fundacion@laxeiro.org
Web:www.laxeiro.org

Horario:

De luns a venres.- De 18:00 h a 21:00 h
Sábados: de 12:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 21:00 h.
Domingos e festivos. de 12:00 h a 14:00 h

Entrada gratuita ata encher aforo.

Máis

Hora

Xaneiro 1 (Venres) 00:00 - Decembro 31 (Mércores) 23:50(GMT+01:00)

Localización

Casa das Artes

Policarpo Sanz, 15, Vigo

Other Events