VIALIA
PLAYDOC

AGalega Fest

19abr21:00AGalega FestCONCERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Fillas de Cassandra, Lontreira De Ninghures e Berto actuarán o venres 19 de abril na Sala Rebullón. A cita, de acceso gratuíto previa retirada de convite, é parte de AGalega Fest, a serie de directos de presentación que a CRTVG está a ofrecer por distintas localidades do país á fin de dar a coñecer a súa nova plataforma de contidos dixitais, agalega.gal. As entradas para o evento, que comezará ás 21.00 horas, estarán dispoñibles desde as 12.00 horas de mañá, venres 5, a través da páxina web do propio recinto, www.salarebullon.com 
De Ninghures, conformada por músicos con notable experiencia procedentes de Bergantiños, Compostela e A Fonsagrada, vén de ser recoñecida publicamente por unha sinxelo que dá boa conta dun dos seus máis claros sinais de identidade: a unión orgánica entre a tradición galega e a música dance. Pola súa banda, Fillas de Cassandra segue a xirar por todo o territorio peninsular co seu novo directo, Últimas Dionisíacas, estreado o pasado 16 de febreiro en Vigo, á vez que o dúo segue a sumar novos recoñecementos polo seu álbum debut Acrópole. No cartel de AGalega Fest tamén figura o compositor pontevedrés Berto quen, ademais, é produtor de Acrópole. O artista presentará ao vivo o seu último LP, Sinto, un álbum ateigado de himnos bailables e vitalistas nos que o creador transita entre a electrónica, o trap ou mesmo o synth pop; ademais de temas de anteriores traballos discográficos. O ‘line up’ complétase coa banda Lontreira; Adri Coyote, Héctor Rodríguez e Iván Barral forman esta agrupación que se deu a coñecer co tema ‘Corazón de toxo’  que conseguiron converter na ‘canción do verán’ e a comezos do 2023 lanzaron o seu primeiro disco ‘Apnea’.

As entradas gratuítas poderán adquirirse nesta ligazón a partir das 12:00 h do venres 5 de abril.

Máis

Hora

(Venres) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events