VIALIA
PLAYDOC

Festival TerraCeo: Andrés Suárez

11xul20:30Festival TerraCeo: Andrés SuárezCONCERTOS | Desde 30,00 €20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Dos bares de Ferrol a encher o Wizink Center madrileño. Esa frase resume a traxectoria deste cantautor galego que hai unha década foi tocar ao metro da capital e actualmente abarrota tanto teatros como espazos míticos para a música como o antigo Palacio dos Deportes de Madrid ou o de Vistalegre, segundo opte polo seu lado íntimo ou pola súa vertente de gran banda de rock.

A discografía de Andrés é un compendio da súa evolución persoal: De ida (2002), Maneras de romper una ola (2008), Piedras y charcos ( EP, 2010), Cuando vuelva la marea (2012), Moraima (2013), Mipequeña historia (2015) e Desde una ventana (2017), que entrou directo ao número 1 de vendas na súa primeira semana de lanzamento.

Esta actuación forma parte do Festival TerraCeo, unha serie de concertos e monólogos de humor que terá lugar durante os meses de xullo, agosto e setembro na terraza do Auditorio Mar de Vigo, un espazo diáfano de máis de 2.000 metros cadrados e vistas ás Illas Cíes no que se colocarán unhas 400 cadeiras.

Máis

Hora

(Sábado) 20:30(GMT+02:00)