VIALIA
PLAYDOC

Festival Creativa

19abr(abr 19)19:0021(abr 21)21:00Festival CreativaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00 - 21:00 (21)(GMT+02:00)

Detalles do eventos

Do venres 19 ao domingo 21 de abril celebrarase en diversos espazos da cidade o Festival Creativa, o evento de creatividade e cultura organizado por Chachachá, Dot e Galería Maraca. Esta segunda edición inclúe novidades como o mercado gráfico e a participación de pesos pesados no mundo da ilustración, deseño ou divulgación cultural como Ricardo Cavolo, Eugenia Tenenbaum, Boa Mistura, Flavita Banana, Ricardo Moya ou Yeye Weller.

Unha das mellores novas a nivel cultural do 2023 foi o nacemento do Festival Creativa, un evento que mesturaba charlas, mesas redondas, presentacións de libros, concertos, obradoiros, proxeccións e exposicións de forma totalmente orgánica e accesible. A calidade e variedade da programación gozou dunha grande acollida: máis de 1200 asistentes pasaron polos diferentes espazos que acollían as actividades.

Para esta segunda edición manteñen o eclecticismo da proposta e a variedade de sedes (Galería Maraca, Marco, Praza COAG e Évame Oroza), pero decidiron concentrar todo sarao en só tres días: 19, 20 e 21 de abril. Este último é o Día Internacional da Creatividade, motivo polo que decidiron arrancar con este ambicioso proxecto hai un ano.

A gran novidade deste ano é a creación dun mercado de ilustración, deseño e autoedición que terá lugar o sábado 20. Este tipo de eventos son bastante habituais noutras urbes de Galicia: o Autoban na Coruña, FunFunFun en Compostela ou Vaia Vaia en Lugo. O máis parecido que había en Vigo era o No Tengo Mamá, que celebrou a súa quinta e última edición en 2019.

Máis

Hora

19 (Venres) 19:00 - 21 (Domingo) 21:00(GMT+02:00)