vigo turistico
REVISTA ABRIL

Festa da Arribada

01mar10:0003(mar 3)22:30Festa da ArribadaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde10:00 - 22:30 (3)(GMT+01:00) Baiona

Detalles do eventos

Baiona prepárase para a súa celebración histórica anual, a Arribada. A festa conmemora a chegada do primeiro barco das américas, a carabela Pinta, á vila en 1493. As actividades sucederanse por toda a vila desde o venres 1 de marzo ata o domingo 3.

Que se celebra?

En 1493 arribou nas costas de Baiona a Pinta, un dos barcos españois que chegaron por primeira vez á América. O seu piloto, o miñorano Cristobal García Sarmiento, viuse obrigado a cambiar de rumbo, que era Cádiz, por mor da climatoloxía. Neste vídeo realizado pola organización explícano de xeito máis ameno.

Como naceu esta festa?

Hai 29 anos que se celebrou a primeira edición da Arribada en Baiona, unha proposta de Avelino Sierra, daquelas Concelleiro de Cultura da vila. Non só iso, senon que tamén foi o encargado de dirixir personalmente as dez primeiras edicións, de escribir o texto da xa mítica representación e de ordenar reconstruír La Pinta. Falamos con el en 2020 para que nos conte o seu punto de vista dunha das festividades históricas máis importantes de Galicia.

Que facer?

Hai un sinfín de actividades para realizar durante esta fin de semana en Baiona: obradoiros de artesáns, animación de rúa, exhibicións de batallas e tiro con arco, exposicións, espectáculos con lume, concerto de música antiga, desfiles, actividades infantís… O mellor é consultar a programación oficial para non perderte nada.

Cando é a representación teatral da arribada?

O evento central da Arribada é a representación teatral deste fito histórico na Praia Ribeira. Este ano a dramaturxia corre a cargo de Avelino Sierra. Haberá dúas oportunidades para desfrutar do espectáculo: sábado ás 20:00 e domingo 18:30. Outro dos eventos que gozan de grande aceptación é o Gran Torneu Medieval (sábado ás 17:30 e domingo ás 16:30), tamén neste areal.

Mercado

Como sempre, o mercado está formado por postos de artesanos, comida e doutro tipo de establecementos. Aquí vos deixamos o mapa coa súa localización.

Como chegar?

Isto é importante. Como todo o mundo que algunha vez foi a Baiona, dentro ou fóra da Arribada, o aparcamento pode ser realmente complicado de atopar. Por iso, a organización recomenda deixar o coche en Porto do Molle (Nigrán) e alí coller unha das moitas lanzadeiras que van e veñen continuamente a Baiona. Consulta aquí os horarios e o lugar exacto do aparcadoiro. Outras formas de chegar son a través da compañía de autobuses Lugove e das navieiras Mar de Ons e Piratas de Nabia.

Máis

Hora

1 (Venres) 10:00 - 3 (Domingo) 22:30(GMT+01:00)

Localización

Baiona

Rúa Lorenzo de la Carrera, S/N, 36300 Baiona, Pontevedra

Other Events