VIALIA
bannerPicnicSesions

Falamos con Avelino Sierra, pai da Festa da Arribada

Hai 25 anos que se celebrou a primeira edición da Arribada en Baiona, unha proposta de Avelino Sierra, daquelas Concelleiro de Cultura da vila. Non só iso, senon que tamén foi o encargado de dirixir personalmente as dez primeiras edicións, de escribir o texto da xa mítica representación e de ordenar reconstruír La Pinta. Falamos con el para que nos conte o seu punto de vista dunha das festividades históricas máis importantes de Galicia.

En 1996 nace a Arribada, unha festa de carácter histórico que conmemora a chegada da carabela La Pinta á Baiona o 1 de marzo de 1493, con Alonso Martín Pinzón aos mandos. Dez anos despois do seu nacemento foi nomeada como Festa de Interese Turístico de Galicia, e posteriormente de Interese Nacional e mesmo Internacional, polo que esta festividade non deixa de medrar ano a ano. E detrás de todo isto atopamos a Avelino Sierra, escritor, exprofesor e exconcelleiro merquense.

Cóntanos que a representación titulada A arribada do descubrimento, cuxa autoría é tamén súa, representouse por primeira vez en 1997, e ao longo da súa historia contou con tres versións. A primeira, en prosa, só foi representada o primeiro ano. A segunda obra, esta vez en verso, constaba de tres actos, e xa foi representada nove veces seguidas. Por último, a que aínda hoxe permanece, lévase representando desde 2007. “O drama que se representa na praia da Ribeira consiste na reconstrucción obxectiva da realidade histórica no momento da arribada da carabela La Pinta. Esta obra consta dun só acto e está escrita en verso, en estrofas de redondillas e quintillas, moi utilizadas naquela época“, explica Avelino.

REVISTA ABRIL

O léxico utilizado é “moi aproximado ao castelán medieval e ao argot mariñeiro da baixa Andalucía, á que pertencían a maioría dos tripulantes da embarcación”. A obra tamén contén parlamentos en galego na boca de personaxes locais, como o piloto Cristobal García Sarmiento, a súa dona e as súas fillas. Sierra matiza tamén que a obra orixinal é máis extensa que a que se representa, pero que por motivos de produción (actores, atrezo, climatoloxía…) sempre acaba sufrindo variacións. Este ano a dramaturxia corre a cargo de Mónica Sueiro, da que Avelino di que é “unha profesional moi interesante e que ten liberdade absoluta para que represente como queira a obra”.

Por último, Avelino cre necesario facer unha puntualización: “a Arribada que eu crei hai 25 anos foi concebida como unha recreacción dun feito histórico nos mesmos escenarios nos que sucedera máis de cinco séculos atrás. Desde a súa creación hai moitos aspectos que foron mellorando, como os actos institucionais, as exposicións, as representacións dramáticas, as conferencias, as animacións… mais eu teño unha queixa, e é que desgrazadamente vaise perdendo pouco a pouco o rigor histórico que caracterizaba ás primeiras edicións. Sobre todo o mercado medieval, que co modernismo vaise convertindo nunha festa gastronómica máis”. Outra da quiexas é a da ambientación medieval, “que deixa moito que desexar, xa que desapareceu das rúas e das prazas moito atrezo da época”.

Sierra finaliza dicindo que para el “non hai en toda España unha localización cos recursos históricos e naturais de Baiona, e creo que non se está aprobeitando como é debido“. Nas últimas décadas Avelino leva publicados máis dunha ducia de libros sobre a Arribada e sobre Baiona, mesmo na actualidade atópase finalizando un sobre á fundación da vila pontevedresa.

(GMT+01:00)

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.