REVISTA ABRIL

'FALSTAFF' de Giuseppe Verdi

30out19:00'FALSTAFF' de Giuseppe VerdiESPECTÁCULOS | Desde 15,00€19:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

“ … durante corenta anos desexei escribir unha comedia musical. Agora Boito escribiu para min unha comedia lírica que non se pode comparar con ningunha outra, e cáusame gran satisfacción poñerlle música” (Giuseppe Verdi).

Representación en versión concerto, semi escenificado, desta ópera de Giuseppe Verdi con libreto de Arrigo Boito. Por primeira vez, e desde a súa estrea na Scala de Milán en 1983, represéntase en Vigo este título composto, como dixo o propio Verdi, “para el mesmo”.

Despois de 54 anos de carreira, e con case 80 anos, Falstaff é a última ópera de Giuseppe Verdi e a segunda comedia lírica do compositor italiano. A obra está baseada nas alegres comadres de Windsor (The Merry Wives of Windsor) e nalgunhas escenas de Enrique IV, ambas as de William Shakespeare, sendo este o terceiro material de Verdi cimentado nas creacións do dramaturgo inglés. Para o libreto, Verdi apoiouse novamente no tamén compositor e libretista Arrigo Boito, co que xa traballara en Otello e na revisión parisiense de Simon Boccanegra. Coa súa estrea, Verdi revolucionou a ópera bufa e o teatro musical con esta obra na que conta as peripecias do pillabán John Falstaff, para tratar de seducir a dúas mulleres casadas, co único fin de poder quedar coas fortunas dos seus maridos.

PROGRAMACIÓN COMPLETA DO OUTONO LÍRICO

Máis

Hora

(Domingo) 19:00(GMT+01:00)