VIALIA
PLAYDOC

Entre leiras e labores

15abr12:00Entre leiras e laboresACTIVIDADES PARA O COCO | De balde12:00(GMT+02:00) Fundación Euseino?

Detalles do eventos

Este sábado haberá un encontro arredor do libro ‘Entre leiras e labores’, coa presentación da ‘Antaloxía verbo-visual de autoras galegas’ (literatas e artistas). As catorce escritoras e artistas antologadas amosan neste volume como se pode xerar arte e poesía dunha forma matérica, tanto lingüística coma na tersura do fío, nas arestas pétreas, nos pigmentos, na luz capturada e nos matices ocultos en pequenos retallos de papel. Esas catorce artistas son concretamente Afra Torrado, Ana Pillado, Ánxeles Penas, Begoña Paz, Blanca Silva, Charo Lopes, Clara Martín, Emma Pedreira, Eva Méndez doRoxo, Helena Villar Janeiro, Lorena Conde, Rebeca Baceiredo, Soledad Pite Sanjurjo, Viki Rivadulla.

Interveñen as autoras Eva Méndez doRoxo e Clara Martín, e a editora Inma Doval Porto.

Sábado 15, ás 12:00 h, na sede da Fundación Euseino?.

Máis

Hora

(Sábado) 12:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Euseino?

Rúa de México 37, baixo Esda. A, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events