REVISTA ABRIL

El Mito de La Caverna

14abr22:00El Mito de La CavernaCONCERTOS | 10,00€22:00(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Cuarta edición desta festa que pretende homenaxear o mítico local da noite viguesa La Caverna, situado no número 7 da rúa Cervantes entre 1994 e 2005. A programación desta edición comeza ás 20:00 no Reserva Rock con petiscos e picada a cargo de DJ Guaper. O acto principal segue ás 22:00 en La Fábrica de Chocolate, onde catro cantantes interpretan seis cancións cada un acompañados por unha banda base (os Roko Loko) formada por Andrés Cunha á batería, Jacobo Jiménez á guitarra, David Moon Cresta ao teclado e Chus da Silva ao baixo. O cadro de vocalistas intégrano Óscar Avendaño, Alberto Cunha, Beutxi Míguez e o propio Rubén Suárez. O setlist está composto, como é de supoñer, por cancións acordes ao estilo da Caverna, onde atopamos temas de Shocking Blue, Rolling Stones ou Richard and the Young Lions. Ao rematar a actuación, a festa continúa no Mogambo desde as 00:00 con cos picadiscos DJ Gramola e os irmáns Óscar en Nelson Suárez.

Para coñecer máis información sobre este local e esta festa, le o nosa reportaxe

Máis