REVISTA ABRIL

DIVERTIMENTOS

26feb18:00DIVERTIMENTOSPEQUERRECHOS | 5,00 €18:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril no Auditorio Municipal de Concello.

Máis información sobre todos os espectáculos de Vigocultura 2023 aquí e no folleto online.

Entradas a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería Libros para soñar. Poden adquirirse en packs de 5 ou 10 espectáculos con desconto.

DIVERTIMENTOS, N+1 Teatro Circo Danza

Domingo 26, 18:00h

Teatro musical. +3 anos.

Dirección, escenografía, vestiario e coreografía: Alfredo Pérez Muíño
Deseño de son e música: Cuarteto Alicerce
Deseño de iluminación: Dani Pais
Intérpretes: Alfredo Pérez (actor), Jorge Montes (violín), Roberto Santamarina (violín), María José Pámpano (viola) e Carlos García Amigo (cello).

Espectáculo sen palabras no que a música de Mozart condúcenos en clave de clown polas relacións humanas, poñendo en valor as diferenzas como unha oportunidade para medrar dende o grupo. Un cuarteto de cordas acepta a un novo membro para unha representación, sen saber que o convidado non posúe as mesmas cualidades e calidades como intérprete. O que nun principio provoca rexeitamento e xuízo de cara ao novo compoñente, muda en empatía e transixencia, acompañándoo nas súas penurias para que a relación evolucione cara á tolerancia, aceptación e incluso que poida modificar a relación entre eles, favorecendo a comunicación, xerando unha nova harmonía e permitíndolles rir dos protocolos arcaicos e a aparente excelencia que rodea á música clásica. Da man do Cuarteto Alicerce e Alfredo Pérez Muíño descubrimos os camiños que nos conducen á música dun dos mellores compositores de todos os tempos, Wolfang Amadeus Mozart. Un divertido proxecto que trata de achegarse ao público familiar dende a música clásica, o humor e a creatividade para adentrarnos na senda da cultura e das artes como camiños á diversión e a un tempo de lecer de calidade.

Máis

Hora

(Domingo) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events