maio, 2022
08mai12:30Contos diversosPEQUERRECHOS | De balde12:30 Museo Verbum
Detalles do eventos
A Consellería de Normalización Lingüística, prepara un gran programa de actividades para todo o público para celebrar o Día das Letras Galegas. Realización dun contacontos
Contos diversos
A Consellería de Normalización Lingüística, prepara un gran programa de actividades para todo o público para celebrar o Día das Letras Galegas.
Realización dun contacontos con Miguel Anxo Alonso Diz, no que a través da participación activa das familias nas diferentes historias a través de xestos, movementos e verbalizacións, foméntanse aspectos relacionados cos valores da igualdade, respecto á diferenza e a diversidade. Ademais tamén se traballa vocabulario en lingua galega, os números, as
vogais; así como a motricidade e a coordinación. A idea é trasladar a toda a comunidade que a diversidade é positiva, a violencia nunca é un recurso e o respecto é o eixo das relacións entre os homes e as mulleres.
Será o domingo 8 de maio ás 12:30h no Verbum.
Idade: 3 a 9 anos
Podes consultar toda a programación aquí
Máis

(Domingo) 12:30
Museo Verbum
Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra