Club Faro: Xosé Ramón Pena

20abr20:00Club Faro: Xosé Ramón PenaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

O escritor e doutor en filoloxía, Xosé Ramón Pena, estara presentado na sesión do Club Faro, ‘En tempo de desconto: relatos sen data para o século XXI’.

Esta obra está conformada por un mollo de historias que poderían ser en si mesmas partes dunha novela que as transita e atravesa e onde os personaxes, atrapados na vida, atropelados por ela, gobernan como mellor poden o seu destino. Coma as vías dun tren que nos leva, pero que non se sabe cara a onde, os que viven nestas historias veranse guiados por horizontes sorprendentes e inesperados que lles farán aceptar derrotas, gañar batallas e, en definitiva, vivir.

Será o mércores 20 de abril ás 20h no MARCO.

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events