VIALIA
PLAYDOC

Club de lectura: Cristina García Parga sobre 'Carrusel'

24abr18:0020:00Club de lectura: Cristina García Parga sobre 'Carrusel'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00 - 20:00(GMT+02:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Programa de actividades que, durante o período de abril a xullo de 2024 acollerá o Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (2º andar da Biblioteca Pública “Juan Compañel”. r/Joaquin Yáñez,6-2º andar)

*Para participar no Club de Lectura ou no Obradoiro de iniciación a escrita creativa é preciso realizar inscrición previa e enviala ao Centro de Documentación. No resto de actividades o acceso é libre ata completar a capacidade do local.

PRESENTACIÓNS DE LIBROS

Xoves, 2 de maio, 19:00 – Retratos de vodas, partos e funerais (Galaxia, 2023) de Silvia Penas
Mércores, 22 de maio, 19:00 – Abonda con vivir: Luisa Villalta (Xerais, 2024) de Montse Dopico
Martes, 4 de xuño, 19:00 – O teu perfil na miña sombra (Galaxia, 2024) de Rexina Vega

CAFÉS LITERARIOS: CLUB DE LECTURA*
De 18:00 a 20:00

Mércores 24 abril – Cristina García Parga sobre Carrusel, de Berta Dávila
Martes 28 maio – Cristal Méndez Queizán sobre Crónicas marcianas de Ray Bradbury
Mércores 26 xuño – Lola Varela sobre El lunes nos querrán de Najat el Hachmi

FALADOIROS

Martes, 7 de maio, 19:00 – Proxección da curtametraxe documental La mujer invisible (Curtametraxe, 2017 / 15 ́) e faladoiro ca directora Noemi Chantada.
Xoves, 30 de maio, 19:00 – A identidade dixital: unha visión en feminino de Edita de Lorenzo Rodríguez, Doutora pola Universidade de Vigo na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
Martes, 11 de xuño, 19:00 – Mediciña da diferenza de Rosana Izquierdo, Doutora no Sergas no Grupo de traballo de Violencia de Xénero da Agamfec

INICIACIÓN Á ESCRITA CREATIVA*
Imparte: Graciela Baquero

Xoves 6, 13, 20, 27 xuño – 18:00 a 20:00
Obradoiro de iniciación á escrita no que se impartirán técnicas e ferramentas da escrita creativa, centrado nas emocións e os conflitos de personaxes e apoiadas en lecturas de escritoras. No transcurso das sesións realizaranse exercicios como práctica do aprendido.

Máis

Hora

(Mércores) 18:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events