Cineclube Lumière: The Bra
Detalles do eventos
O Cineclube Lumière proxecta unha película cada luns de setembro no Auditorio Municipal do Concello ás 20:30. Todas elas en versión orixinal e subtituladas en castelán.
Detalles do eventos
O Cineclube Lumière proxecta unha película cada luns de setembro no Auditorio Municipal do Concello ás 20:30. Todas elas en versión orixinal e subtituladas en castelán.
Prezo socios: 5€
Prezo non socios: 6€
Bono 5 películas: 16€
No ciclo de outubro, o CineClub Lumiere amosará unha ollada máxica á realidade a través das historias envolventes destes cineastas. A imaxinación e fantasía pasan a formar parte da normalidade cotiá, mesturándose con ela.
Filmes de encontros, marcados pola inxenuidade e incertidume que aportan as personaxes que se nos van presentando. Viaxaremos por paisaxes emocionais e xeográficas nas que iremos atravesando lugares sorprendentes, rematando en paraxes coas que non tíñamos unha conexión aparente.
Premios:
-AVANCA FILM FESTIVAL 2019: MELLOR GUIÓN, MENCIÓN ESPECIAL Ó DIRECTOR, E MELLOR ACTOR PREDRAG ‘MIKI’ MANOJLOVIC
-CINEQUEST SAN JOSE FILM FESTIVAL 2019: MELLOR FILME
SINOPSE
O día antes da a súa xubilación, un maquinista de tren recolle un sostén de encaixe azul enredado na locomotora. Movido pola curiosidade, inicia a busca da dona da prenda para devolvelo.
5 de outubro: The Bra, Veit Helmer ambienta o filme en Shanghai, un barrio (xa derrubado) da periferia de Bakú, en Azerbaiyán, onde as casas estaban construídas a poucos metros das vías do tren, co encanto e a inspiración do cine de Chaplin, Keaton ou Tati. Unha comedia sen diálogos (que non muda), onde un maquinista recén xubilado decide dedicar o seu tempo a atopar á dona dun sostén perdido.
12 de outubro: Supa Modo, Likarion Wainaina iníciase na longametraxe con esta historia, inspirada nas crianzas que coñece no Hospital Nacional Kenyatta en Nairobi, e na a súa propia infancia. Un filme esperanzador sobre o poder dos soños e a fantasía contra as adversidades da vida.
O filme, é tamén un símbolo do crecemento que está experimentando a industria do cine no continente africano.
26 de outubro: Filme sorpresa
Se alguén quere saír pode facelo nos primeiros 15´ e recuperar os cartos da cota pagada.
Máis
Hora
5 outubro, 2020 20:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes