Este é un evento repetitivo1 febreiro, 2022 19:30
Ciclo de cine FICNOVA
Detalles do eventos
A Biblioteca Neira Vilas colabora coa ONG Mundo Sin Guerras no ciclo de cine de FICNOVA, O Festival Internacional de Cine da Nonviolencia Activa, que ofrece producións que
Detalles do eventos
A Biblioteca Neira Vilas colabora coa ONG Mundo Sin Guerras no ciclo de cine de FICNOVA, O Festival Internacional de Cine da Nonviolencia Activa, que ofrece producións que amosan como a nonviolencia pode transformar o mundo.
O luns 31 de xaneiro proxectarase ‘El principio del fin de las armas nucleares‘, na biblioteca ás 19:30h.
Este documental trata dos esforzos para incorporar un tratado de prohibición de armas nucleares no dereito internacional e o papel da Campaña Internacional para a Abolición das Armas Nucleares, ICAN, e parte dos testemuños de destacados activistas de varias organizacións e países.
O martes 1 de febreiro proxectarase ‘Los hilos del tablero‘, na biblioteca ás 19:30h.
Documental sobre a industria da guerra, as persoas refuxiadas e aloita dos pobos pola paz.
Entrada de balde, previa inscrición a partir do 10 de xaneiro. Pode facerse de maneira presencial ou ben enviando un correo a bpneiravilas@vigo.org ou chamando ao 986 267 759.
Máis
Hora
31 xaneiro, 2022 19:30(GMT+02:00)
Localización
Biblioteca Xosé Neira Vilas
Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes