Este é un evento repetitivo

Ciclo de cine FICNOVA

01feb19:30Ciclo de cine FICNOVAACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

A Biblioteca Neira Vilas colabora coa ONG Mundo Sin Guerras no ciclo de cine de FICNOVA, O Festival Internacional de Cine da Nonviolencia Activa, que ofrece producións que amosan como a nonviolencia pode transformar o mundo.

O luns 31 de xaneiro proxectarase ‘El principio del fin de las armas nucleares‘, na biblioteca ás 19:30h.

Este documental trata dos esforzos para incorporar un tratado de prohibición de armas nucleares no dereito internacional e o papel da Campaña Internacional para a Abolición das Armas Nucleares, ICAN, e parte dos testemuños de destacados activistas de varias organizacións e países.

O martes 1 de febreiro proxectarase ‘Los hilos del tablero‘, na biblioteca ás 19:30h.

Documental sobre a industria da guerra, as persoas refuxiadas e aloita dos pobos pola paz.

Entrada de balde, previa inscrición a partir do 10 de xaneiro. Pode facerse de maneira presencial ou ben enviando un correo a bpneiravilas@vigo.org ou chamando ao 986 267 759.

Máis

Hora

(Martes) 19:30(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events